Prevoda (venres 3)

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 7, Vigo - 18h30

Comezamos as celebracións cun plan moi especial: unha clase de lindy hop, o baile swing co que nos coñecimos e que é parte da nosa historia como parella. Queremos compartir convosco a alegría que nos trouxo este baile, así que... todas a bailar! A clase será de iniciación total, perfecta aínda que nunca bailases na vida. A idea é pasalo ben, rir un pouco e saír con catro pasos para o día seguinte. Comezaremos sobre as 18h30 e, despois, arredor das 20h30 sacaremos algo de picar.

Voda (sábado 4)

Lagar de Pintos, Ribadumia - 13h15

Casamos no concello o día antes, así que o sábado imos directamente ao que importa: vernos, celebrar e bailar. A partir das 13h15 faremos unha pequena recepción para darvos a benvida e unha aperta (ou dúas). A festa rematará ás 23h00.

Como chegar

Localización

A adega ten aparcamento propio ao lado do lugar de celebración (está indicado como parking eventos), podes traer o coche tranquilamente. Tamén haberá un autobús que sairá de Vigo sobre as 12h00 con parada en Domaio. Ao rematar a festa, o bus fará o camiño de volta.

Menú

Hai menú vegano, sen glute, etc. Avísanos para que o pidamos se o precisas. Tamén haberá menú infantil para a cativada.

Rapazada

Durante toda a festa haberá dúas monitoras encargadas de coidar das nenas e nenos: xogarán, farán actividades e estarán pendentes durante a comida, para que vós poidades bailar e desfrutar.

Vestimenta

Elegante e cómoda. A voda é tipo cóctel e haberá sitios para sentar, pero pasaremos bastante tempo de pé. Se o tempo acompaña farémolo nunha zona de céspede, así que mellor evitar tacóns finos (ou traer plan B).

Agasallos

O mellor agasallo é que veñas e desfrutes connosco. Non temos listaxe de voda, despois de 6 anos convivindo, xa temos (case) todo o que precisamos. Se che fai ilusión regalarnos algo, adiante! E se che resulta máis cómodo, deixamos aquí o noso número de conta: ES80 3183 1500 9731 5311 9023 (tamén aceptamos dinero cash)

Aínda teño dúbidas...

Se hai algo que che preocupa podes contactar con María ou Suso. Durante este ano e de xeito excepcional Suso ten whatsapp, aproveita!